9/6/26

Eu en ti

 




Eu xa te busquei
cando o mundo era unha pedra
intaita*.
Cando as cousas buscaban os seus
nomes,
eu xa te buscaba.

Eu xa te procurei
no comezo dos mares e das chairas.
Cando Dios* procuraba compaña
eu xa te procuraba.

Eu xa te chamei
cando soio a voz do vento soaba.
Cando o silenzo* chamaba polas
verbas,
eu xa te chamaba.

Eu xa te namorei
cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outas*
cumes,
eu xa te namoraba.

Sempre,
dende a neve dos tempos,
eu, na túa ialma*.


Un poema de Celso Emilio Ferreiro



0 comentarios :